A agrupación local de Protección Civil de Muxía leva traballando no municipio desde 1992.
O 26/10/1992 desapareceu a gamela Gallina Blanca con 2 tripulantes (Polito e Abel, pai e fillo a bordo). Durante días, os barcos de Muxía non saíron a faenar para buscar os cadáveres.
O 6/11/1992 os buzos atoparon a gamela.
O día 10/11/1992 apareceu o corpo de Polito na Praia do Lago. Foron moitas as persoas que viñeron a Muxía para colaborar na súa busca.
O actual presidente, Ramón Pérez Barrientos, daquela era policía municipal e coñecía xente de agrupacións de Protección Civil doutras localidades. Vendo a resposta da veciñanza decidiu facer unha reunión para crear a Agrupación en Muxía.
A agrupación conta con 52 voluntarios todos eles persoal Voluntario, que atenden as emerxencias con un servizo 24 horas e coordinados co centro de emerxencias 112. Ante casos de grave risco, catástrofe pública ou emerxencias de todo tipo fan unha coordinación preventiva e operativa de persoas e bens para reducir ou evitar os danos.
A súa actuación baséase nos principios básicos de solidariedade, gratuidade das actuacións e participación libre, responsable e altruista.
O longo destes anos ata a actualidade son numerosas as intervencións realizadas tanto no concello de Muxía como nos concellos das comarcas limítrofes así como dentro da Comunidade Autónoma de Galicia, e do territorio de España. (Catástrofe do Prestige, Accidente do AVE en Angrois, Catástrofe da DANA de Valencia etc., )
As actividades que se realizaron durante o longo do ano son as tarefas propias das situacións de emerxencias segundo cando sucedan, e mais dado a extensión do noso concello con 121 km. Cadrados, con 14 parroquias e 104 núcleos de poboación todos eles moi dispersos.
Calquera veciño maior de 16 anos pode ser voluntario de Protección Civil. No caso de ser menor de idade, precisa da autorización do pai/nai ou titor.
En canto as emerxencias que atendemos segundo o índice de riscos do noso concello segundo o Platerga son os seguintes:
o Executan o Plan de Emerxencia Municipal (PEMU), un programa estratéxico e operativo de carácter técnico que desenvolve un sistema de dispositivos de resposta para a administración local fronte a calquera situación de emerxencia.
o Protexen a vida humana no mar.
Nevadas nas zonas máis altas do Concello
Xeadas en todas as zonas e sobre todo nas agrícolas
Inundacións por estar a capital do Concello a nivel de mar.
Temporais en toda a franxa costeira dá Costa dá Morte
Chuvias torrenciais
o Atenden incidencias provocadas por temporais e dan o primeiro auxilio en accidentes na estrada.
o Son os primeiros en atender os lumes urbanos e rurais, cando hai perigo en vivendas.
o Encárganse de pequenas incidencias que pasan na vida local cotián.
o Apoian os servizos municipais que se dan aos veciños.